- Intérpretes: Anabell Gago, Lorena Conde e Chelo do Rejo
- Dirección e dramaturxia: Gena Baamonde
- Axudantía de Dirección: María Ángeles Iglesias
- Texto: Matrioshka Teatro e fragmentos de María Victoria Moreno
- Deseño de vestiario: Matrioshka Teatro
- Xastrería: De Nobelo a Nobelo e Aurora Lorenzo
- Escenografía e atrezzo: Lorena Conde [Maraña]
- Maquillaxe e perruquería: Matrioshka Teatro
- Iluminación e son: RTA
- Fotografía: Inés Salvado
- Deseño gráfico: Lorena Conde [Maraña]
- Produción: Anabell Gago e Chelo do Rejo
- Distribución: Chelo do Rejo, Anabell Gago e Cultura Activa
Señora que pasea pola rúa con dous cans preciosos é unha homenaxe a todas as persoas que nos arroupan e nos dan guía. A todas esas figuras que, estean presentes ou non, nos serven de compás e nos fan medrar. Ás mestras de vida, encarnadas para nós en María Victoria Moreno, sempre entregada nas aulas e nos libros, sempre apaixonada, comprometida e honesta.
Esta é unha peza creada sobre un concienzudo traballo de documentación, mais o seu obxectivo non é facer unha enumeración de feitos, datas e títulos. O noso labor é facerlle a María Victoria Moreno e ás nosas outras mestras de vida o agasallo que merecen: poesía, amor, fantasía e humor.
FONTES BIBLIOGRÁFICAS
Na creación de “Señora que pasea pola rúa con dous cans preciosos” manexáronse as seguintes fontes:
OBRA
A brétema; Urco Editoria, 2017
O cataventos; Urco Editora, 2017
O amor e as palabras; Urco Editora, 2017
Mar adiante; Edicións Do Castro, 1973
Eu conto, ti cantas, Xerais, 2005
Diario da luz e da sombra; Xerais, 2009
Elexías de luz; Xerais, 2006
Leonardo e os fontaneiros; Galaxia, 1999
Anagnórise; Galaxia, 2012
Guedellas de seda e liño; Galaxia, 1999
E haberá tirón de orellas?; Galaxia, 1997
A festa no faiado: Galaxia, 2008
Verso e prosa; Andel-Xunta de Galicia, 1991
As linguas de España; Andel-Xunta de Galicia, 1991
BIOGRAFÍAS
Eli Ríos; Mulleres Bravas da nosa historia. María Victoria Moreno; Urco Editora, 2017
Fina Casalderrey e Marilar Aleixandre; María Victoria Moreno. A muller que durmía pouco e soñaba moito; Xerais, 2018
Isabel Soto e Xavier Senín Fernández; María Victoria Moreno. Sementadora de futuro; Xerais, 2018
Montse Pena Presas; A voz insurrecta: María Victoria Moreno, entre a literatura e a vida; Galaxia, 2018
ARTIGOS E ENTREVISTAS
Documentación e artigos da Plataforma de Crírica Feminista A SEGA para o II Día das Galegas nas Letras, 2015
Artigos de prensa e documentos inéditos recopilados e cedidos por Pedro Ferriol e Begoña Llácer
Artigos de prensa dixitalizados e cedido polo IES Torrente Ballester
“M.V.M., una profesora feliz de serlo”. CLIJ: cuadernos de literatura infantil y juvenil; 1992