- Intérpretes: Chelo do Rejo, María Ángeles Iglesias e Anabell Gago
- Dirección e dramaturxia: Gena Baamonde
- Asistencia movemento escénico: Andrea Quintana
- Texto Orixinal: Gena Baamonde, María Ángeles Iglesias e Matrioshka Teatro (Chelo do Rejo, Anabell Gago, Lorena Conde)
- Manifesto Comando Mazá: Ana Cabaleiro
- Música orixinal: Mónica de Nut
- Deseño de vestiario: Gena Baamonde
- Xastrería: Bety de Chimpos S.L.
- Deseño espazo escénico e atrezzo: Gena Baamonde
- Deseño de iluminación e dirección técnica: Octavio Mas
- Deseño de Caracterización: Trini F. Silva
- Fotografía: Inés Salvado
- Deseño cartel: Lorena Conde
- Deseño gráfico: Alba Aller (O Copión S.L.)
- Comunicación: Belén Brandido
- Deseño web e RRSS: Terrum Social
- Carpintería: Angel Otero
- Gravación e edición de vídeo: Tamboura Films S.L.U
- Produción: Matrioshka Teatro e Artefeito Produccións S.C.G.
- Distribución: Matrioshka Teatro

Tecendo verdades coma puños
Matrioshka Teatro

Que é Comando Comadres?
A través do humor un grupo de Artivistas organizadas por Comandos ataca as múltiples manifestacións da violencia sexista, e cuestiona a persistencia dos seus valores no pensamento hexemónico actual.
Sinopse
Espectáculo en clave de humor para público adolescente e adulto no que un grupo de artivistas organizadas en diferentes comandos poñen en evidencia as múltiples manifestacións da violencia patriarcal e cuestionan a persistencia dos seus valores no pensamento hexemónico actual e na xestión dexenerativa dos recursos naturais.
Os Comandos establécense como pequenas unidades artivistas preparadas para as encomendas máis perigosas: levar a cabo incursións no territorio inimigo para poñer luz sobre a inxustiza e volver airosas da misión. Son células combatentes de estratexias impredecibles e irreverentes que van creando unha rede de Comandos Comadres a nivel mundial centrada na importancia da igualdade de dereitos e deberes sociais entre ambos xéneros tanto no ámbito público coma no privado, dos coidados dos ecosistemas sanos e equilibrados, así coma dos afectos cos que crear lazos de sororidade e empatía, e coa que rendemos homenaxe a todas as heroínas de a diario, as señoras silenciadas, perseguidas, queimadas, torturadas, ós saberes invisibilizados e á historia oculta do noso pasado.
Comandos
A peza está composta por cinco comandos de temáticas diferentes cunha duración de entre 10 e 15 minutos cada un que poderán representarse individualmente en espazos alternativos ou en conxunto nun teatro convencional.
- COMANDO MEIGAS: céntrase na demonización das mulleres que non encaixamos no modelo patriarcal.
- COMANDO SIÑAS: fálanos da invisibilización das mulleres de certa idade que xa non cumprimos as expectativas reprodutivas do patriarcado.
- COMANDO SACHO: afiánzase na sabedoría e na fortaleza das mulleres lonxe dos estereotipos de seres débiles ou vítimas.
- COMANDO PEDAGÓXICO: expón con humor a negación, e os prexuízos para responsabilizarnos dunha educación sexual san.
- COMANDO CATAPLASMA: reivindica o saber ancestral das mulleres en conexión coa terra e os ecosistemas saudables, o coñecemento e uso das plantas e os procesos de acompañamento e coidados.
Agradecementos
Agradecementos moitos a: Comando Mazá, Mulleres Transgredindo, Comando Gordix, Mujeres de Artes Tomar, Motos Marque, Andrea Quintana, Ana Seoane, Manuel Cabaleiro e a tódalas comadres do mundo.
Próximas Funcións
- Centro Cultural e Xuvenil de Muros sábado 5/03/22 ás 21:00h
- Teatro Cine Elma da Pobra do Caramiñal sábado 12/03/22 ás 20:00h
- Edificio Multiusos de Monforte de Lemos xoves 17/03/22 ás 20:15h
- Auditorio Constante Liste de Teo sábado 19/03/22 ás 20:00h
- Teatro Lauro Olmo de O Barco de Valdeorras o venres 8/04/2022 ás 21:00
Funcións Realizadas
- Estrea no Teatro Principal de A Estrada o domingo 31/10/2021 ás 19h
- Lugo no Auditorio Gustavo Freire o xoves 18/11/2021 ás 20:30h
- Pontevedra, no Teatro Principal o xoves 25/11/2021 ás 21h
- A Laracha, na Casa da Cultura o 26/11/2021 ás 21h
Galería

































