- Intérpretes: Anabell Gago, Lorena Conde e Chelo do Rejo
- Dirección e dramaturxia: Marta Pazos
- Texto: Matrioshka Teatro
- Deseño de vestiario e coreografía: Uxía P. Vaello
- Xastrería: Cloti Vaello
- Escenografía e atrezzo: Lorena Conde [Maraña]
- Maquillaxe e perruquería: Trini F. Silva
- Iluminación e son: Javier Quintana
- Fotografía: Inés Salvado
- Realización e edición de vídeo: Emilio Carral
- Deseño gráfico: Lorena Conde [Maraña]
- Produción: Matrioshka Teatro
- Distribución: Chelo do Rejo e Anabell Gago
Unha reflexión intensa e caleidoscópica sobre o tempo e os seus rastros.
Matrioshka tende aquí fíos entre a sorpresa de recoñecerse nese segundo que nos cambia a vida e a excitación de comprender que as horas se aceleran proporcionalmente á velocidade do corazón.
Ensamblada peza a peza coma un delicado mecanismo de reloxería, mimada ata o máis mínimo detalle para lograr que o espectador se erga da butaca sentíndose tocado por unha brisa fresca e evocadora, C’est la vie ten o poder de arrastrar a quen a ve a un universo inesperado e fascinante.