Matrioshka Teatro
Comadres en Acción

Comadres en Acción

Próxima Función de Comadres en Acción

Sinopse

As comadres camufladas de “Pititas“, infíltranse no espazo público co pretexto de realizar unha colecta benéfica. Pronto revelan o seu auténtico obxectivo que é o de poñer en evidencia algunhas das inxustizas sexistas coas que convivimos día a día, e cuestionar a persistencia dos seus valores no pensamento hexemónico actual.

É unha peza de temática feminista, composta por diferentes escenas que tratan sobre os micromachismos que pouco a pouco nos van minando dende pequenas. Foi creada para poder adaptarse a lugares específicos non convencionais que dispoñan de boa visibilidade para o público e non requiran de excesivas necesidades técnicas.

Comadres en acción” é un espectáculo de 35 minutos de duración, para público adulto e adolescente a partir de 14 anos, dirixido por Gena Baamonde e interpretado por Chelo do Rejo, Anabell Gago e María Ángeles Iglesias.

Matrioshka Teatro tamén ofrece un coloquio de 20 minutos entre as actrices e o público logo do espectáculo se o espazo o permite e é do interese da entidade programadora e do público.